martes, 14 set 2010
Raquel Díaz explicou que a xestión do goberno municipal posibilitou que, con respecto ao ano 2005, a débeda do Concello pasara dun 47% ao 19% actual ao tempo que os investimentos neste mandato multiplicáronse por cinco. "A nosa acción de goberno é visible e responsable", indicou a socialista, pois sitúa a Vigo como o gran concello español en réxime común con menor nivel de débeda.
martes, 14 set 2010
O concelleiro de Urbanismo, José Mariño, reclamou hoxe martes ao goberno autonómico a presentar unha proposta de modificación do plan parcial de Navia que permita edificar outras 1.180 vivendas protexidas, segundo o protocolo asinado en febreiro de 2009 entre o Concello e a Xunta de Galicia. O edil cualificou de "prioritaria" esta actuación.
martes, 14 set 2010
A OMV, dependente da Concellería de Participación Cidadá que dirixe o socialista Santos Héctor, oferta para o periodo setembro-decembro deste ano obradoiros e cursos de formación básica e específica, entre os que se inclúen risoterapia e relaxación, servizos sociais ou primeiros auxilios, entre outros. As actividades son gratuitas e con prazas limitadas, e as persoas inscritas na Oficina Municipal de Voluntariado terán preferencia.
martes, 14 set 2010
As 06:30 desta mañá partiu desde a Praza do Rei o núltimo grupo de 50 estudantes cara Inglaterra, onde permanecerán durante tres semanas. O alcalde, Abel Caballero, xa anunciou que o curso que ven as bolsas municipais superarán as 350 para que "todos os nenos teñan a oportunidade de estudar inglés en Inglaterra"