Caballero anuncia que 9 liñas do VITRASA serán gratuitas o 22 de setembro polo Día sen Coche
O alcalde de Vigo informou hoxe luns que o vindeiro mércores, 22 de setembro, o Concello de Vigo sumarase un ano máis ao Día sen Coche coa gratuidade de nove liñas do bus urbano: serán as rutas C6, 14, 17, 18, 20, 21, 25, 28 e 29, priorizando por tanto o emprego do transporte colectivo nas parroquias da cidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe luns de que o Concello de Vigo vaise sumar un ano máis á celebración do Día sen Coche, o mércores 22 de setembro, coa gratuidade de nove rutas de VITRASA.
Segundo informou o socialista, as liñas que serán de balde a devandita xornada serán a C6, 14, 17, 18, 20, 21, 25, 28 e 29, percorridos que discurren principalmente polos barrios e as parroquias da cidade, as máis beneficiadas desta medida municipal.