Escoitar

Santi Domínguez di que o inicio das obras de reforma do mercado do Progreso é outro compromiso cumprido

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asistiu hoxe ao inicio das obras de reforma do mercado do Progreso que contan cun investimento de 4,5 millóns de euros. O nacionalista salientou que este é un proxecto que se empeza a facer realidade, cumprindo así un máis dos compromisos adquiridos polo BNG. As obras desenvolveranse en diferentes fases, empezando pola construción dun mercado provisional.

venres, 10 set 2010
1284121885Progreso.JPG
Santi Domínguez lembrou que a reforma do mercado e a praza do Progreso era unha vella demanda á que o BNG da resposta. Segundo dixo, esta obra é un exemplo máis de que ás áreas nacionalistas están cumprindo os compromisos que adquiriron coa cidadanía facendo realidade os proxectos.

O tenente de alcalde indicou que nestes momentos de crise o comercio é un nicho importante para a xeración de emprego é por iso é preciso seguir apostando e apoiando ao sector. Asegurou que a reforma do Progreso, sen dúbida, vai ser un elemento na dinamización desa zona central da cidade.

O proxecto iníciase, segundo explicou, cos traballos previos de impermeabilización e picado da praza para a instalación do mercado provisional ao que se van trasladar os postos durante o prazo de execución das obras de reforma no interior. Estes traballos previos prolongaranse en diferentes fases ata o mes de decembro, cando empezará a construción do mercado provisional.

O tenente de alcalde dixo que está previsto que en xaneiro, para non interferir nunha época forte de venda como é o Nadal, se podan xa trasladar os postos ao mercado provisional para iniciar o proxecto de execución de reforma interior do mercado no mes de febreio. A partir desa data o prazo de execución das obras será de 14 meses. Unha vez finalizada a reforma do mercado, cando se trasladen xa ao interior os postos, quedará unha última fase de obras que consistirá na reforma da praza.

O nacionalista explicou que dende a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Comercio se está a desenvolver un importante traballo de apoio ao pequeno e mediano comercio con axudas económicas, actividades de dinamización, e melloras tecnolóxicas. Neste apoio xoga un piar fundamental na mellora das instalacións dos mercados municipais. Xa se fixeron actuacións acondicionamento e accesibilidades en diferentes mercados e existe un plan de infraestruturas para reformar os mercados municipais cun estudo das necesidades de cada un deles para abordar novas reformas tras esta primiera do Progreso.
Descargar todas as imaxes