Escoitar

Urbanismo adxudica a redacción do proxecto do túnel de Julián Estévez

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo celebrada este venres deu luz verde á adxudicación da redacción do proxecto do futuro túnel de Julián Estévez, cun investimento de 1,1 millóns de euros. A empresa adxudicataria do deseño da infraestrutura terá 10 meses para levalo adiante e posteriormente o Concello sacará a licitación as obras.

venres, 10 set 2010
1284122022urbanismo.jpg
O departamento municipal de Urbanismo deu este venres luz verde á adxudicación da redacción do proxecto do túnel de Julián Estévez, en Teis, cun investimento previsto de 1,1 millóns de euros.

A empresa adxudicataria contará con 10 meses para realizar o deseño da infraestrutura que comeza na antiga Campsa e prologarase baixo o monte de A Guía ata o camiño de Baixada a Ríos. Unha vez redactado o proxecto, o Concello procederá a sacar a licitación as obras.
Descargar todas as imaxes