Escoitar

Santi Domínguez entregou o primeiro premio Concello de Vigo das Xornadas Marisquieras a Maria do Carmen Ríos

O tenente de alcalde inaugurou hoxe VIII Festa do Marisco de Vigo que ata o vindeiro domingo se celebrará no porto pesqueiro, nun acto no que por primeira vez se entregou o premio Concello de Vigo-Xornadas Marisqueiras. A persoa que recibiu o galardón foi María do Carmen Ríos "Mari", "muller que se ten caracterizado polo seu traballo e esforzo para facer realidade esta festa", segundo dixo o tenente de alcalde.

xoves, 9 set 2010
1284035674Marisco.JPG
Santi Domínguez salientou na súa intervención que "era hora que Vigo tivera unha festa de exaltación do marisco porque da nosa ría sae o mellor marisco do mundo". Tras oito anos celebrándose considera que a Festa do Marisco "ten futuro, porque ten a mellor materia prima, como futuro ten a nosa cidade, que tamén ten a mellor materia prima, os homes e mulleres que a forman".

A inaguración contou co pregón de Antón Reixa e a participación dos persoeiros do Bicentenario da Independencia de Vigo, o alcalde Vázquez Varela, Cachamoiña, Carolo e Aurora. Antón Reixa afirmou que "como vigués e como galego, calvo e como bivalvo, síntome inmensamente honrado e agradecido por se o pregoeiro desta Festa do Marisco". Dixo estar convencido de que o comezo da vida intelixente foi cando o primeiro ser humano decidiu alimentarse dunha centola. Reixa asegurou que "somos unha potencia porque temos océano e temos marisco. Digámolo ben alto, somos unha potencia océanica de vida e de marisco".

A Festa do Marisco desenvolverase ata o vindeiro domingo no porto pesqueiro. Poderán degustarse todo tipo de marisco, a prezos económicos, e haberá tamén un amplo programa de actividades culturales e deportivas.
Descargar todas as imaxes