Escoitar

O alcalde presenta dous novos camións de bombeiros e cifra en 3,1 millóns o investimento municipal neste servizo

O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Seguridade, Xulio Calviño, presentaron este mércores dous novos camións para o servizo de bombeiros, cun investimento de 550.000 euros. O rexedor fixo balance dos investimentos neste servizo nos tres anos de mandato, cifra que supera os 3 millóns de euros, e anunciou a creación de 17 novas prazas.

mércores, 8 set 2010
1283947340bomberos.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este mércores dous novos camións para o servizo municipal de Bombeiros, que súmanse aos investimentos xa realizados nestes tres últimos anos de mandato ata acadar os 3,1 millóns de euros.

Os dous novos camións, de 550.000 euros de investimento, están xa operativos e contan con 5.000 e 1.000 litros de capacidade respectivamente. O último incorpora ademais 100 litros de escuma que adhírise ás superficies, dotando ao camión dunha "capacidade operativa excepcional", sinalou o socialista. Este vehículo lixeiro está pensado para accións en zonas de difícil acceso, como o Casco Vello.

Actualmente, o Concello está trámitando a adquisición doutros dous camións de iguais características aos presentados hoxe para "potenciar e apoiar aos bombeiros de Vigo", xunto ás melloras en marcha no parque de Balaídos e ao proxecto estrutural para a nave central de Teis.

Novas prazas
Na súa comparecencia, o alcalde informou de que no mes de novembro terán lugar as probas para acceder ás 17 novas prazas dispostas polo Concello para o servizo municipal de Bombeiros, 10 como bombeiro e 7 como condutor. Caballero asegurou que trátase da maior convocatoria realizada nunca en Vigo para o corpo.

Porto de Vigo
Abel Caballero reclamou novamente do Porto de Vigo unha resposta á demanda do Concello para instalar unha nave de bombeiros en zona portuaria. O alcalde indicou que os bombeiros de Vigo dan serivzo na Autoridade Portuaria por "responsabilidade" xa que non é a súa "obriga".

O socialista explicou ante os medios que o Porto de Vigo, como calquera outro en España, ten que contar cun plan interno de seguridade que cubra os lumes ou conveniar co Concello este servizo, o que fíxose por exemplo en Barcelona, e incluir así un parque de bombeiros no Porto por seren estes zonas de risco.
Descargar todas as imaxes