luns, 6 set 2010
Á proposta da Concellería de Mobilidade e co visto bo do PSdeG e do BNG, o Pleno da Corporación aprobou unha disposición complementaria para a regulación de turnos de descanso para os taxistas, que terán unha xornada de descanso para "mellorar a calidade de vida" destes e racionalizar o servizo acorde á demanda, indicou Calviño. O regulamento entrará en vigor en probas durante tres meses.
luns, 6 set 2010
O pleno da corporación municipal aprobou hoxe por unanimidade a ordenanza reguladora das axudas á rehabilitación de vivendas defendida polo concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez. O edil nacionalista destacou na súa intervención a importancia que teñen os plans de rehabilitación de vivendas e a instalación de novos servizos para frear o despoboamento do Casco Vello e do barrio histórico de Bouzas.
luns, 6 set 2010
Socialistas, nacionalistas e populares votaron conxuntamente para que os orzamentos municipais do vindeiro ano non inclúan partida económica alguna destinada ao "plan Moneo", o proxecto do prestixioso arquitecto para a reordenación do entorno da Praza do Rei, que inclúe o derrubo da casa consistorial. O edil de Patrimonio e Xestión Municipal, Carlos Font, reiterou que "o proxecto Moneo non vaille custar un euro aos vigueses".
luns, 6 set 2010
A sesión plenaria deste luns deu conta do novo regulamento orgánico que rexirá os plenos da corporación viguesa desde posiblemente a vindeira sesión, correspondente ao mes de setembro. O pasado 31 de maio, o goberno local levou e aprobou en Pleno este texto, que substituirá ao vixente nestes momentos, que data de 1988.
luns, 6 set 2010
O pleno da corporación municipal aprobou por asentimento dúas declaracións institucionais con motivo da conmemoración o 8 de setembro do Día do Cooperante e a adopción da Declaración do Milenio de Nacións Unidas.
luns, 6 set 2010
O programa de inmersión lingüística, PILIVIGO 2010, da concellería que dirixe a socialista Laura López Atrio permitirá a súa estadía durante 3 semanas en dez localidades inglesas. O goberno municipal iniciou o programa en 2008 con 100 becas ata chegar as 250 actuais coa intención de mellorar o nivel de inglés dos estudantes vigueses