Escoitar

O alcalde garante o apoio económico necesario para que a Rede de Mulleres contra os Malos Tratos poida seguir traballando en Vigo

Abel Caballero e Rosa Fontaíña asinaron hoxe venres un convenio de colaboración que prorroga a cooperación do Concello coa entidade e abre a porta a unha amplicación da cantidade económica a aportar polo goberno local, no caso de ser preciso. Segundo explicou o alcalde, a Rede teme que a Xunta de Galicia reduza ou suprima a súa subvención a entidade, eventualidade que asumiría o Concello de Vigo.

venres, 3 set 2010
1283516307rede.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, garantiu hoxe venres á Rede de Mulleres contra os Malos Tratos o apoio económico necesario para manter a actividade en Vigo desta entidade.

Abel Caballero e Rosa Fontaíña asinaron este venres un convenio que da continuidade á tradicional colaboración do Concello coa Rede, coa salvedade de que a partida económica está aberta a poder ampliar a cantidade a percibir.

Segundo explicou o alcalde, a Rede ten a preocupación de que a Xunta de Galicia poida recortar ou suprimir as axudas que actualmente ofrecen, o que poría en perigo a actividade da mesma. Abel Caballero garantiu a cantidade económica precisa para que a Rede de Mulleres continúe traballando na cidade olívica.
Descargar todas as imaxes