xoves, 2 setembro 2010

Caballero asegura que o novo Auditorio de Beiramar estará listo este ano e será "un dos símbolos de Vigo"

O alcalde visitou este xoves os traballos de construción do Auditorio Pazo de Congresos de Beiramar, onde ratificáronse os prazos iniciais de finalización de obra, marcados para finais de ano. Caballero indicou que o edificio "está espertando unha gran atención" e conta cunha "demanda moi importante de congresos". "No mes de xaneiro empezaremos a gozar deste edificio", concluíu o socialista.

O alcalde trasladou "todas as garantias" ao Goberno de España para a instalación da factoría de baterías para o coche eléctrico

xoves, 2 set 2010

Abel Caballero explicou este xoves que trasladou a pasada semana ao Goberno de España "todas as garantías" de que Vigo conta no Porto Seco de terreos para a instalación dunha factoría de Mitsubishi de baterías eléctricas para automóbiles. O presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, viaxou a Xapón para tratar de confirmar esta ubicación, o que Caballero recoñeceu por "fixar a súa atención en Vigo e facer de embaixador" da cidade.

O cartaz da campaña do Día Internacional contra a Violencia de Xénero elixirase este ano a través dun concurso

xoves, 2 set 2010

A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, anunciou este xoves que o prazo para participar no concurso de cartaces para empregar na campaña do Día Internacional contra a Violencia de Xénero do 25 de novembro será do 8 ao 28 de setembro. A concelleira do BNG salientou que esta convocatoriada, organizada en colaboración co Consello Municipal da Muller, ten por obxectivo "a participación de toda a sociedade e a concienciación sobre a violencia de xénero".