Caballero asegura que o novo Auditorio de Beiramar estará listo este ano e será "un dos símbolos de Vigo"
O alcalde visitou este xoves os traballos de construción do Auditorio Pazo de Congresos de Beiramar, onde ratificáronse os prazos iniciais de finalización de obra, marcados para finais de ano. Caballero indicou que o edificio "está espertando unha gran atención" e conta cunha "demanda moi importante de congresos". "No mes de xaneiro empezaremos a gozar deste edificio", concluíu o socialista.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, certificou hoxe xoves que o Auditorio Pazo de Congresos de Beiramar estará finalizado este ano e convertirase nun dos "símbolos de Vigo".
Nunha visita realizada aos traballos de construcción, na que estivo acompañado do arquitecto, César Portela, o alcalde aseverou que "o gran auditorio de Vigo xa está visiblemente avanzado e vai ser unha realidede inmediata", pois os prazos estanse a cumprir e "no mes de xaneiro empezaremos a gozar deste edificio".
"Estamos diante dunha das mostras da arquitectura mundial", afirmou Abel Caballero, quen expresou que esta nova e demandada dotación "vai marcar a cidade" e "está espertando unha gran atención", pois existe "demanda moi importante de congresos no primeiro semestre" do próximo ano.
O Auditorio Pazo de Congresos de Beiramar contará cunha sala principal con cabida para 1.500 persoas e un segundo espazo anexo e móbil con capacidade para entre 500 e 600 butacas. Terá asemade un hotel de catro estrelas próximo -no mesmo solar Casa Mar e tamén en construcción-, unha praza aberta á cidadanía e un restaurante.
Descargar todas as imaxes