O tenente de alcalde anuncia o inicio da rehabilitación da Ribeira do Berbés coa recuperación de catro inmobles
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, presentaron este venres o balance do primeiro proxecto do Concello de Vigo para rehabilitar a fachada marítima da Ribeira do Berbés. Segundo destacou o tenente de alcalde, o inicio desta rehabilitación comezará coa actuación en 4 inmobles, que xa teñen aprobada a axuda municipal, e outros 6 que previsiblemente se adherirán o vindeiro ano ao proceso.
"Queremos que a recuperación integral do Casco Vello sexa un eixo fundamental na nosa tarefa de goberno. E é evidente que nestes tres anos produciuse unha transformación e reconquista por parte da cidadanía viguesa", destacou o nacionalista. Lembrou que cando se presentou como candidato dixera que para rematar este proceso sería necesaria máis dunha lexislatura e asegurou o seu compromiso para "seguir apostando decididamente pola recuperación do barrio".
Santi Domínguez salientou que dende as áreas coordinadas pola Tenencia de Alcaldía "non imos facer como o PP na Xunta, que recortou investimentos para a rehabilitación de inmobles". Pola contra, manifestou que se é preciso se abrirán "novas liñas de axudas que permitan que os propietarios se sintan acompañados e axudados pola administración local".
Para o tenente de alcalde, o proxecto de rehabilitación das fachadas da Ribeira do Berbés é "ambicioso", xa que pon ao dispor dos propietarios un estudo individualizado para cada edificación que marca as obras que hai que acometer en cada caso. Recoñeceu que a súa xestión "non é fácil", xa que supón poñer dacordo a todos os propietarios das comunidades de veciños. "Pero podemos dicir que por fin arranca este proceso de rehabilitación", subliñou.
Na primeira fase deste proceso, comezada hai catro meses, expresaron o seu interese por acometer as obras un total de 10 comunidades de propietarios, dos que 4 comezarán xa o proceso de rehabilitación. As 6 restantes que amosaron interese en acollerse ao plan do Concello, sumaranse o vindeiro ano ás reformas.
En resposta aos medios, o nacionalista sinalou que o número total de fachadas ás que vai dirixido o plan é de 32, mentres que 16 é o número total de comunidades de propietarios afectadas. Do número global de fachadas, hai 6 que realizarán a rehabilitación mediante outro proceso, xa que son edificios en ruína. A este respecto indicou que unha destas actuacións, que afecta a tres inmobles, está pechando os últimos trámites para conseguir a licenza na Xerencia de Urbanismo e iniciar o proceso de rehabilitación integral.
O nacionalista manifestou a súa satisfacción polo "arranque do proceso, no que se incentivou á iniciativa privada". Asemade, expresou a súa confianza en que este inico teña un "efecto dominó" sobre o resto dos inmobles, tal como aconteceu noutros puntos dos Casco Vello. "No espazo dun ano contamos con que entre 10 e 15 inmobles teñan iniciado o proceso de recuperación", sinalou Santi Domínguez, quen en todo momento quixo ser prudente á hora de adiantar prazos, aínda que apuntou que serán precisos dous ou tres anos máis para recuperar na súa totalidade a fachada do Berbés.
O tenente de alcalde puntualizou que estes procesos son "lentos" e puxo como exemplo a recuperación do conxunto do Casco Vello. Ao respecto comentou que o inicio das rehabilitacións se produxo hai catro anos, coa colaboración co anterior goberno galego, sendo conselleira de Vivenda Teresa Táboas.
O nacionalista indicou que boa proba da boa resposta que tivo esta primeira iniciativa de axudas á rehabilitación de fachadas no Casco Vello é a comparación co número de subvencións que concede o Concello para o mesmo fin no barrio de Bouzas. Indicou que o proceso comezou hai tres anos, polo que xa está asentado, e que na presente convocatoria foron 6 as solicitudes presentadas e a axuda vaise conceder a 5, unhas cifras moi similares as que o Berbés conseguiu no primeiro ano.
O concelleiro de Patrimonio Histórico salientou a rapidez coa que se ten xestionado o proxecto, xa que en catro ou cinco meses conseguiuse poñer dacordo aos propietarios e conceder as licenzas por parte de Urbanismo. Neste sentido destacou o traballo realizado polos técnicos da Xerencia e a Oficina de Rehabilitación, así como o traballo realizado previamente coas persoas afectadas.
Segundo afirmou Eudosio Álvarez, "iniciamos un camiño extraordinario nun tempo récord". Por outra banda, explicou que nalgún caso as axudas concedidas chegan aos 30.000 euros e sinalou que os propietarios deben rematar as obras no presente ano para non perder a subvención.
Preguntado polo proxecto do funicular do Berbés ao Castelo de San Sebastián, Santi Domínguez dixo que "non é un proxecto que estea esquecido, polo que seguiremos reclamando á Xunta que cumpra o compromiso do Goberno galego anterior". Sinalou que no proceso de rehabilitación do Casco Vello hai "fases e fases" e que o "prioritario" é mellorar os servizos públicos, o pavimento e as fachadas. "Unha vez que o Casco Vello está en marcha pensamos que na próxima lexislatura é un proxecto que se poderá abordar. Pero é un proxecto de 9 millóns de euros temos que contar coa axuda da Xunta", comentou.
Descargar todas as imaxes