Escoitar

Caballero insta aos vigueses a encher o teatro Caixanova no Festival de Humor Solidario por Paquistán

O evento terá lugar o domingo 5 de setembro as 19:00 horas, con entradas que oscilan entre os 8 e 15 euros, e que pretenden tender unha man a un país devastado polas inundacións. O acto, promovido por Unicef, conta co apoio da Alcaldía, Caixanova e coa colaboración de diversas entidades de Vigo coma a AAVV Calvario e a de artistas da talla de Moncho Borrajo, o paiaso Popín, Oswaldo Digón, Rudi Dudi, Alberto Cunha...

venres, 3 set 2010
1283516263paquistan.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, agradeceu aos artistas o seu xesto de solidaridade e confiou en que o domingo, 5 de setembro, "todo Vigo acuda ao festival". Un certame que o rexedor local definiu coma unha "cooperación máis entre tantas miles en todo o mundo para evitar que nenos morran na pobreza, na miseria e no desastre".

Caballero asegurou que a Alcaldía estará ao lado de Unicef, "tendendo a man a Paquistán" e seguir amosando que "Vigo segue a ser unha cidade solidaria". Caballero encomiou a actitude solidaria dos participantes, con artistas da talla de Moncho Borrajo, o paiaso Popín, Alberto Cunha, Oswaldo Digon, Rudi Dudi, Mago Rey Midas, Jano Costas, os membros da escola de baile Bambalina... O acto

Tanto o paiaso Popín coma Moncho Borrajo incidiron en que o acto servirá de baremo de solidariedade coa sorte de ter en cartel a cómicos de primeiro nivel. "Será unha alegría para o corpo e unha caricia ao corazón", destacou Popín, na presentación do evento que tivo lugar na Alcaldía de Vigo. Moncho Borrajo explicou que esperan que o teatro se encha "e que o público paseo tremendamente ben".

As entradas poden ser adquiridas no número de teléfono 902504500 ou na páxina web www.caixanova.es

O descoñecemento
Gloria del Río, presidenta de UNICEF, indicou que Paquistán "non sae nos medios" polo que hai un grande descoñecemento da traxedia pola que atravesa o país. Segundo os datos que ofreceu hai 4 millóns de nenos en risco de morte, e carencias vitais coma a auga. "Este drama pódese solucionar entre todos", afirmou, e ofreceui datos como que con 80 euros preto de 600 nenos poderían vacunarse contra do sarampión, unha das amenazas de morte.
Descargar todas as imaxes