Escoitar

O alcalde sinala que, "en termos reais, a presión fiscal do Concello diminúe" en 2011

Abel Caballero informou hoxe venres das ordenanzas fiscais aprobadas polo goberno local de cara ao orzamento de 2011, contas nas que aplicarase un ano máis o IPC anual de abril -o 1,5%-. Á conxelación en termos reais dos impostos súmase a non aplicación do IPC ás taxas das escolas infantís, dos centros de día para maiores e nos servizos de asistencia domiciliaria.

venres, 3 set 2010
1283516347IMG_0170.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que "en termos reais, a presión fiscal do Concello diminúe" en 2011, coa conxelación real dos impostos -o que na práctica significa a aplicación única do IPC, dun 1,5%-.

Segundo informou o socialista, o goberno local deu luz verde hoxe venres ás ordenanzas fiscais municipais para o vindeiro ano, nas que impera o mesmo criterio "económico e político" aplicado nos anos anteriores: a aplicación ás taxas do IPC anual de abril. O 1,5% sumarase a todas as taxas excepto ás das escolas infantís, os centros de día para maiores e os servizos de asistencia domiciliaria -que asumirá unha rebaixa do 1,31% máis o IPC-. En 2011, "a presión fiscal das clases máis desfavorecidas diminúe", explicou Abel Caballero.

Por outra banda, o alcalde indicou que o goberno local actualiza no mesmo 1,5% do IPC as rentas mínimas para poder beneficiarse das exencións municipais. Esta medida significa que os ingresos mínimos que debe ter unha persoa ou familia para acceder ao desgravamento, á bonificación e aos pagos sociais ascenderá en 2011, co que o número de beneficiarios será maior.

Terrazas
Caballero anunciou asemade un novo sistema de abono das taxas das terrazas, que permitirá unha maior flexibilidade aos comercios e que conta co aval dos asociación hostelera.

Segundo explicou, ata o momento os permisos para instalar terrazas na vía pública outorgábanse por tres meses e prorrogables sempre polo mesmo prazo, o que pasará agora a ser mensual unha vez cumprido o primeiro trimestre.
Descargar todas as imaxes