Escoitar

O Punto Xove acolle dende o luns unha exposición fotográfica sobre a paisaxe e a sociedade galega

O Punto Xove de López de Neira, que depende da Concellería de Xuventude, acolle a partir do luns unha exposición fotográfica sobre a paisaxe e a sociedade galega, do autor Diego Rodríguez. A mostra poderá visitarse nestas instalacións ata o 21 de setembro en horario de luns a venres de 9:30 a 14 horas e de luns a xoves de 17 a 20 horas.

venres, 3 set 2010
1283516647AmorDeNai.JPG
A mostra "Unha ollada" rescata dun arquivo fotográfico de case dez anos, vinte instantáneas de fotografía paisaxística e social galega. O autor, Diego Rodríguez, elixiu para a exposición imaxes que van ende un solemne branco e negro ata o estourar de cor, dende mostras de fotografía tradicional ata a actual fotografía dixital.

Ademais da mostra, o xoves 16 de setembro, ás 19.00 horas, terá lugar a proxección dun audiovisual. A traxetoria do autor pódese seguir a través de http://dicvsrodrigves.blogspot.com.
Descargar todas as imaxes