Caballero anuncia a construcción dun "gran parque temático de ocio infantil e xuvenil" no Parque de Castrelos
A Xunta de Goberno Local deu hoxe venres luz verde ao proxecto, que contempla un espazo de 10.500 metros cadrados de superficie divididos para nenos e xovenes de ata 16 anos, totalmente gratuito. O investimento municipal nesta dotación ascende a un millón de euros e nace coa vocación de converterse no "parque infantil e xuvenil máis importante de Galicia", asegurou Caballero.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe venres a construcción dun "gran parque temático de ocio infantil e xuvenil" en Castrelos, unha vez a Xunta de Goberno local deu hoxe luz verde ao mesmo.
Abel Caballero explicou que a nova dotación será "pública e gratuita" e responde a "unha gran demanda na cidade que viñamos percibindo". O espazo, de 10.500 metros cadrados, terá tres zonas diferenciadas por grupos de idade: ata os 5 anos, ata os 8 e ata os 16 anos. O investimento municipal do Concello, que xestionará o parque, suma un millón de euros.
Tal e como explicou o alcalde en rolda de prensa, as empresas interesadas neste concurso de ideas contan con mes e medio para presentar os seus proxectos e unha vez adxudicado o prazo de construcción do parque será de 150 días. As estimacións do rexedor sitúan a apertura do mesmo en oito ou dez meses aproximadamente.
Abel Caballero aclarou que o novo parque infantil e xuvenil será propiedade do Concello de Vigo e terá espazos cubertos tanto para eventuais mostras como en previsións das condicións climatolóxicas adversas. A dotación tampouco interferirá coa zona histórica de Castrelos, xa que alóngase do parque infantil actual, avanzando polo río e chegará á entrada actual desde a Avenida de Castrelos.
O parque será "lúdico e gratuito" -recalcou o alcalde vigués- para toda a cidadanía, orientado a factores de educación ambiental, e nace con vocación de converterse no "parque infantil e xuvenil máis importante de Galicia".
Descargar todas as imaxes