Escoitar

O Pleno de Vigo deu conta do seu novo regulamento orgánico, 22 anos despois de aprobarse o actual

A sesión plenaria deste luns deu conta do novo regulamento orgánico que rexirá os plenos da corporación viguesa desde posiblemente a vindeira sesión, correspondente ao mes de setembro. O pasado 31 de maio, o goberno local levou e aprobou en Pleno este texto, que substituirá ao vixente nestes momentos, que data de 1988.

luns, 6 set 2010
O texto foi aprobado o 31 de maio e o BOP publicou a súa aprobación inicial o 31 de xuño. Unha vez rematado o periodo de alegacións, e ao non ter rexistrada ningunha, a súa entrada en vigor espera á aprobación definitiva no boletín provincial.

Poderán presentarse sete mocións como máximo que irán en función do número de concelleiros de cada formación política. Os tempos establecen que haberá unha intervención inicial de 5 minutos para cada grupo á que seguirá unha segunda de 3 minutos, só para o propoñente. O regulamento tamén estipula a posibilidad dunha intervención final dun minuto, no caso de alusións.

Debate político
Entre os mecanismos para fomentar o debate político e a transparencia o regulamento contempla o Debate anual do Estado da Cidade, que se celebrará no primeiro semestre do ano salvo en anos electorais. Tamén inclúe a comparecencia de todos ou cada un dos membros do equipo de goberno, que poderán comparecer a petición propia ou a petición dun grupo político. Outro dos aspectos novidosos é a creación dun rexistro xeral do pleno.