Escoitar

A Corporación acorda non incluir nos orzamentos municipais de 2011 partidas para o "plan Moneo" da Praza do Rei

Socialistas, nacionalistas e populares votaron conxuntamente para que os orzamentos municipais do vindeiro ano non inclúan partida económica alguna destinada ao "plan Moneo", o proxecto do prestixioso arquitecto para a reordenación do entorno da Praza do Rei, que inclúe o derrubo da casa consistorial. O edil de Patrimonio e Xestión Municipal, Carlos Font, reiterou que "o proxecto Moneo non vaille custar un euro aos vigueses".

luns, 6 set 2010
Os tres partidos políticos con representación no Concello de Vigo -PSOE, BNG e PP- votaron este luns a prol de non incluir partidas económicas no orzamento municipal de 2011 para financiar o chamado "plan Moneo" para a Praza do Rei.

Tras unha moción presentada polo PP, o goberno municipal reiterou que "o proxecto Moneo" -explicou o socialista Carlos López Font- "non vaille custar un euro aos vigueses", e defendeu a planificación do prestixioso arquitecto para a reordenación da Praza do Rei e do Castelo de San Sebastián, que contempla o derrubo do actual edificio do Concello e a construcción dun novo.

A este respecto, o popular López-Chavez defendeu que "o PP teno claro: nestes momentos non" ao gasto público para este proxecto, debido á crise económica que atravesa o país. Denunciou que este é un "proxecto poco serio, opaco e pouco transparente" no que o goberno local xa gastou 120.000 euros no estudo arquitectónico e en maquetas.

Tanto os socialistas como os nacionalistas, integrantes do goberno municipal, rexeitaron reiteradamente a opción de incluir partidas orzamentarias para este proxecto, que "tamén xera emprego" e significa "riqueza e promoción da cidade".