martes, 7 set 2010
O alcalde de Vigo entrevistouse este martes co Comité de Empresa dos traballadores de limpeza dos colexios públicos de Vigo, reunión na que trasladáronlle a Caballero a súa inquedanza ante o novo concurso convocado. O rexidor municipal garantiu que a nova empresa asumirá aos actuais empregados -preto de 100 persoas- e respectará as condicións laborais recollidas no seu convenio.
martes, 7 set 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou hoxe na presentación da Festa do Marisco de Vigo, que se inauguran o xoves, que xogan un papel moi importante de promoción turística da cidade ao servir de reclamo de atración de visitantes. O nacionalista considera que nesta sétima edifición as xornadas marisqueiras están consolidadas e é posible dicir que "Vigo xa ten un referente gastronómico que era incríble que non o tivera co seu potencial pesqueiro".
martes, 7 set 2010
Dentro do ciclo "Mostrarte" Abel Caballero presentou a exposición que cualificou coma "unha lección maxistral de pintura" e na que a artista amosa o seu amor pola academia pero tamén pola forma, polo debuxo, a parte lúdica da pintura e a experimentación. O rexedor confía en que o espazo público da Alcaldía teña cada vez "máis sensibilidade artística"
martes, 7 set 2010
A dimensión europea da Galicia espiritual. Textos e documentos sobre o Camiño de Santiago na Fundación Penzol" é o título da exposición que se inaugura mañá na Casa Galega da Cultura coa colaboración da Concellería de Cultura. No marco da celebración deste Ano Xacobeo 2010 e co obxectivo de contribuír ao fomento e coñecemento deste patrimonio común, cristalizado a través das peregrinacións a Compostela, a Fundación Penzol, dentro da súa liña de actividades que adoita programar e desenvolver anualmente, organiza esta exposición que permite amosarlle ao público interesado unha selección daqueles seus fondos bibliográficos e documentais que gardan relación ou versan encol do Camiño.
martes, 7 set 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, recibiu hoxe no seu despacho a Sebastián Rodríguez, "Chano", polos seus éxitos nos Mundiais de Natación de Eindhoven (Holanda). O concelleiro nacionalista felicitou a Chano "polos seus resultados en Holanda" e animouno a seguir por este camiño en Londres 2012. "Irás a Londres, non si?", bromeou o concelleiro con Chano.
martes, 7 set 2010
Por mor os traballos de humanización en ambas rúas, o departamento de Mobilidade temporalmente modificará desde este xoves, 9 de setembro, a circulación do transporte privado e colectivo. Entre outros cambios, Pi i Margall verá suprimido o carril bus entre Llorente e López Mora por dous meses e, por un prazo de dúas semanas, López Mora suprime o carril bus taxi en dirección ao centro da cidade.
martes, 7 set 2010
O mércores 8 de setembro celebrarase o Día do Cooperante, tal e como foi declarado en Consello de Ministros no 2006, así como a adopción da Declaración do Milenio de Nacións Unidas.<br />
O pleno do Concello de Vigo quere sumarse as dúas conmemoracións e asumir o que significa a cooperación internacional e a loita contra a pobreza, polo que fai a seguinte Declaración Institucional