Escoitar

Santi Domínguez salienta o papel de promoción turística da Festa do Marisco, que se inaugura o xoves

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou hoxe na presentación da Festa do Marisco de Vigo, que se inauguran o xoves, que xogan un papel moi importante de promoción turística da cidade ao servir de reclamo de atración de visitantes. O nacionalista considera que nesta sétima edifición as xornadas marisqueiras están consolidadas e é posible dicir que "Vigo xa ten un referente gastronómico que era incríble que non o tivera co seu potencial pesqueiro".

martes, 7 set 2010
1283864424Marisco.JPG
Santi Domínguez explicou que a Festa do Marisco non só pon de manifesto o potencial que ten o Porto de Vigo, a súa importancia como motor económico da cidade e o traballo que día a día desenvolven as xentes do mar, senon que tamén supón un elemento de atración turística moi importante da cidade. A este respecto indicou que o interese por estas xornadas medra ano a ano, como manifestan as continuas solicitudes de información sobre a súa celebración que se reciben na Concellería de Turismo desde diferentes puntos do Estado.

O tenente de alcalde indicou que é preciso continuar nesta liña de traballo para intensificar a promoción da cidade como destino desestacionalizado. Santi Domínguez dixo que "Vigo ten que mirar ao seu Porto e a súa ría como ferramentas de promoción turística" e por iso considera moi importante a colaboración entre as administracións como se produce para facer posible as xornadas marisqueiras coa Autoridade Portuaria.

A Festa do Marisco celebraranse este ano do 9 ao 12 de setembro no porto pesqueiro. Este ano entre as novidades ofreceranse 40 variantes de menú degustación con prezos moi axustados. Haberá tamén unha degustación de balde de 3.000 racións de "marujito".

Paralelamente ás xornadas desenvolverase un amplo programa de actividades culturais e deportivas que ten como principal novidade nesta edición a celebración o domingo da carreira atlética Xornadas Marisqueiras do Berbés. Disputarase nun percorrido de 10 kilómetros dende o Porto do Berbés.
Descargar todas as imaxes