xoves, 9 set 2010
O alcalde insiste en que esta plataforma ten que retomar "inmediatamente" as súas posicións de programación de rutas e de potenciación do aeródromo vigués. Caballero lembrou que se non se impulsa Peinador "estamos potenciando Oporto". O rexedor explicou o caso dos 250 alumnos vigueses becados polo Concello para estudar inglés no Reino Unido que viaxarán desde hoxe a través do Sá Carneiro.
xoves, 9 set 2010
O tenente de alcalde inaugurou hoxe VIII Festa do Marisco de Vigo que ata o vindeiro domingo se celebrará no porto pesqueiro, nun acto no que por primeira vez se entregou o premio Concello de Vigo-Xornadas Marisqueiras. A persoa que recibiu o galardón foi María do Carmen Ríos "Mari", "muller que se ten caracterizado polo seu traballo e esforzo para facer realidade esta festa", segundo dixo o tenente de alcalde.
xoves, 9 set 2010
Abel Caballero asistiu á despedida dos rapaces que partiron en bus as 06:30 desta mañá desde a Praza do Rei ata Porto, para viaxar desde alí ao Reino Unido. De acordo co programa de inmersión lingüística, PILIVIGO 2010, da Concellería de Educación, os alumnos estarán durante 3 semanas en dez localidades inglesas. Nos próximos días marcharán os 200 que faltan en grupos de 50 e acompañados en todo momento polos seus monitores.
xoves, 9 set 2010
"Vigo vai poder gozar dunha proba inigualabe en canto a súa espectacularidade". Así calificaba hoxe o tenente de alcalde a carreira Red Bull Autos Locos que se celebrará na nosa cidade o vindeiro domingo, 19 de setembro. Santi Domínguez fixo fincapé en que os vigueses e viguesas "tamén teñen dereito a ter grandes eventos e agora van poder contemplar "en directo e de xeito gratuíto un tipo de espectáculo ao que ata agora só tiñan acceso a través da televisión ou internet".
xoves, 9 set 2010
A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, presentou hoxe a nova programación de Súbete ao Castro, espazo no que se ofrecen actividades de lecer alternativo enfocadas a dar resposta ás necesidades da xente moza da cidade. A nacionalista salientou a boa acollida das iniciativas realizadas no que vai de ano e considera que é considera que é indicativo de que se traballa na boa dirección para atender a demanda real dos mozos e mozas da cidade.
xoves, 9 set 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, recibiu hoxe no Concello a Jorge Casales, novo campión de Europa xuvenil de trial, ao que felicitou polos éxitos acadados este verán. Casales, vigués de 15 anos, gañou o Europeo da súa idade ao imporse en Coazze (Italia) e La Rabassa (Andorra), acabando segundo en Tanvald (Chequia).