O tenente de alcalde asegura que o 19 de setembro Vigo vai gozar da expectacularidade do Red Bull Autos Locos
"Vigo vai poder gozar dunha proba inigualabe en canto a súa espectacularidade". Así calificaba hoxe o tenente de alcalde a carreira Red Bull Autos Locos que se celebrará na nosa cidade o vindeiro domingo, 19 de setembro. Santi Domínguez fixo fincapé en que os vigueses e viguesas "tamén teñen dereito a ter grandes eventos e agora van poder contemplar "en directo e de xeito gratuíto un tipo de espectáculo ao que ata agora só tiñan acceso a través da televisión ou internet".
O nacionalista explicou que o Red Bull Autos Locos pon a Vigo a altura de cidades como Los Ángeles, San Francisco, Mónaco, Melbourne, Budapest, Estambul e Barcelona onde xa se celebrou. Será a segunda vez na que esta proba se celebre no Estado, un dato que quixo salientar o tenente de alcalde.
Nesta ocasión 71 equipos desafiarán a lei da gravidade descendendo polas costas da cidade cuns vehículos "coa máis avanzada tecnoloxía de diseño e enxeñería". Segundo dixo o tenente de alcalde, non foi doado elixir aos participantes xa que máis de 500 equipos solicitaron a súa participación neste evento. Santi Domínguez explicou que a proba xa levantou un gran interese e se ten recibido moitas solicitudes de información de diferentes puntos do Estado e tamén do Norte de Portugal.
O circuíto terá lunha lonxitude de 710 metros polas rúas Gran Vía, Urzáiz e Colón. A liña de saída estará na confluencia das rúas Gran Vía e Venezuela e a chegada a altura da rúa Uruguai. Antes do inicio da carreira, prevista para as onde da mañá, todos os coches participantes poderán ser contemplados polo público ao longo da rúa Venezuela.
Santi Domínguez quixo agradecer a Red Bull que achegara este espectáculo a Vigo e tamén o apoio que en todo momento ofreceu a Concellería de Seguridade e Tráfico, xa que a celebración deste evento esixe un gran despregue de medios e de control para que a proba se desenvolva con toda normalidade.
A presentación, que se celebrou na Porta do Sol cunha grande expectación, contou con Marc Coma, campión do Dakar, que será un dos xuíces da proba. Tamén estivo presente un dos equipos participantes, o Pulpeiro gaitero, que amoson o vehículo co que van competir, no que o pulpo e a gaita son os elementos singulares.
Descargar todas as imaxes