Escoitar

Caballero garante que as bolsas municipais para estudar inglés no Reino Unido superarán o próximo curso as 350 deste ano

O alcalde informou hoxe venres da saída do segundo grupo do total de 250 alumnos de centros escolares vigueses cara ao Reino Unido, onde estudarán inglés cunha beca do Concello durante tres semanas. Caballero explicou que o próximo curso a cifra superará os 350 -a Escola de Idiomas leva 100 bolsas do Concello- porque "queremos que as nenas e nenos de Vigo estuden inglés en Inglaterra".

venres, 10 set 2010
1284122608becas.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, garantiu este venres que o Concello ampliará o próximo ano o número de becas para que estudantes de Vigo aprendan idiomas no estranxeiro.

Caballero informou da saída do segundo grupo de estudantes cara ao Reino Unido, 50 alumnos dun total de 350 que becou este curso o Concello de Vigo. Destas, 250 foron para a escola secundaria e os 100 restantes para os mellores expedientes da Escola Oficial de Idiomas.

"Queremos que as nenas e nenos de Vigo estuden inglés en Inglaterra, e este Concello encárgase de facelo realidade", aseverou o socialista, quen apuntou que no mandato anterior non se concedían becas para estudar fóra de España.

O alcalde indicou que "todas" as bolsas solicitadas por estudantes dos colexios públicos -e que cumpran cos requisitos- son condedidas e "un número importante" de centros concertados tamén, cifra que ampliarase no vindeiro ano.

Reunión cos monitores
Abel Caballero mantivo este venres unha reunión con parte dos titores que acompañarán aos estudantes becados polo Concello no Reino Unido, que están a sair de Vigo nestas xornadas.
Descargar todas as imaxes