Escoitar

O alcalde afirma que o Concello investirá 63.000 euros en reformas e a ampliación do comedor do CEIP Canicouva

Abel Caballero acudiu este venres ao CEIP Canicouva, en Castrelos, onde o Concello de Vigo vai executar distintas melloras no centro e ampliará nun 50% a superficie do actual comedor escolar. O alcalde eloxiou a ensinanza pública e aos profesionais da mesma e reiterou o seu compromiso de conceder todas as axudas de comedor que sexan precisas, sen límite orzamentario.

venres, 10 set 2010
1284122510canicouva.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este venres o CEIP Canicouva, en Castrelos, onde afirmou que o Concello vai investir 63.000 euros en reformas do centro e na ampliación do comedor.

O Canicouva presenta unha "magnífica capacitación profesional" e pola contra precisa de melloras nas súas instalacións. Tras eloxiar o "esforzo" do persoal educativo, o alcalde puxo de relieve a ampliación da superficie do comedor nun 50%, ademais de renovar os contratos de limpeza dos colexios públicos para manter a "calidade e o nivel" actual.

Dentro das competencias do Concello, o goberno local reformará a carpintería, revestimentos, instalacións acústicas e eléctricas cun investimento municipal de 63.000 euros.

O alcalde recordou que "xa acabamos ou estamos acabando" melloras por valor de 500.000 euros nos centros O Sello, Javier Sensat, Cristo da Victoria, Emilia Pardo Bazán, A Doblada, Cabral-Carballal, A Paz Tintureira, A Guía "Santa Tegra", Escultor Acuña, Pintor Laxeiro, Igrexa Valladares e na propia Escola Municipal de Teatro.

Na primeira xornada escolar do curso, o alcalde deu a benvida aos estudantes e indicou que Vigo, nos centros públicos e concertados, suma máis de 31.000 alumnos de infantil, primaria e secundaria.

Bolsas de comedor
O alcalde indicou que o Concello recibiu 2.600 solicitudes de beca, "máis do doble das que tiñamos fai cinco anos", das que concedéronse 1.724, "case triplicar as que dábamos en épocas sen crise".

Hai 518 concedidas en lista de espera que, garantiu o alcalde, "non van ter dificultades de asignación orzamentaria", aínda que é posible que non existan suficientes prazas nos comedores escolares.

Abel Caballero pediu "desde a cordialidade e a cooperación" á Xunta de Galicia que non esqueza o seu compromiso de ampliar cinco comedores escolares, e recordou que, en materia educativa, o goberno autonómico comprometeu 4,2 millóns para melloras e novos centros en Vigo que están sen executar.
Descargar todas as imaxes