Escoitar

Os 250 alumnos becados polo Concello para estudar inglés no estranxeiro estarán mañá martes no Reino Unido

As 06:30 desta mañá partiu desde a Praza do Rei o penúltimo grupo de 50 estudantes cara Inglaterra, onde permanecerán durante tres semanas. O alcalde, Abel Caballero, xa anunciou que o curso que ven as bolsas municipais superarán as 350 para que "todos os nenos teñan a oportunidade de estudar inglés en Inglaterra"

luns, 13 set 2010
1284382299bolsasingles.JPG
O pasado domingo foi o alcalde o encargado de despedir aos rapaces, mentres que na madrugada de hoxe foi a concelleira Isaura Abelairas a que estivo con nenos e pais antes de partir en autobús cara a Porto, desde onde voaron ata Londres.

Das 350 bolsas deste ano, 250 foron para a escola secundaria e os 100 restantes para os mellores expedientes da Escola Oficial de Idiomas. "Queremos que as nenas e nenos de Vigo estuden inglés en Inglaterra, e este Concello encárgase de facelo realidade", aseverou o socialista, quen apuntou que no mandato anterior non se concedían becas para estudar fóra de España.

O alcalde indicou que "todas" as bolsas solicitadas por estudantes dos colexios públicos -e que cumpran cos requisitos- son concedidas e "un número importante" de centros concertados tamén, cifra que ampliarase no vindeiro ano. Este ano os rapaces estudarán nas escolas das localidades inglesas de Dereham, Loxley, Norwich, Ramsgate, Richmond, Sawtry, Scarborough, Sheffield, Wymondham e York, desde o 9 de setembro ata o 5 de outubro.

Esta iniciativa didáctica municipal ten como obxectivo primordial ofrecer ao alumnado de 4º de ESO dos institutos da nosa cidade a oportunidade de mergullarse na lingua e cultura británicas e aprender nas escolas locais en réxime de integración co alumnado nativo. Esta nova edición do Programa Municipal de Inmersión en Lingua Inglesa PILIVIGO 2010, tentará seguir promovendo a mellora da capacitación en lingua inglesa, dentro do marco do programa educativo municipal "AULAS INTERNACIONAIS".
Descargar todas as imaxes