luns, 13 set 2010
As 06:30 desta mañá partiu desde a Praza do Rei o penúltimo grupo de 50 estudantes cara Inglaterra, onde permanecerán durante tres semanas. O alcalde, Abel Caballero, xa anunciou que o curso que ven as bolsas municipais superarán as 350 para que "todos os nenos teñan a oportunidade de estudar inglés en Inglaterra"
luns, 13 set 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este luns no acto de inauguración do I Simposio Internacional organizado pola Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos (Anfaco-Cecopesca), baixo o subtítulo "Soporte científico á innovación dos produtos pesqueiros". O evento reunirá a decenas de expertos en Vigo no Centro Social Caixanova.
luns, 13 set 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este luns que o goberno aprobou o proxecto de modificación da Xestión do Estacionamento Regulado (XER), a chamada zona azul, polo que os sancionados poderán evitar a multa de ata 45 euros con pagos de 2,3 euros, 5 ou 7 euros, dependendo do tipo de infracción. O alcalde explicou a rebaixa afirmando que "en absoluto" este sistema "ten unha función recadatoria" senón que procura unha "mellor circulación"
luns, 13 set 2010
Abel Caballero informou este luns da solicitude cursada polo Concello ao padroado da UNED, e validada hoxe polo goberno local, para a creación dun aula de ensinanza superior da UNED en Vigo. O alcalde confía en que a xunta reitora da Universidade a Distancia valide a solicitude viguesa esta semana e o espazo poida funcionar este mesmo curso. O custo dun aula da UNED en Vigo ascende a uns 150.000 euros, sufragados unicamente polo Concello.
luns, 13 set 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns do visto bo dado pola Xunta de Goberno Local a unha declaración municipal de "apoio firme e consistente" ao proxecto de Campus do Mar co que a cidade de Vigo opta, a través da súa Universidade, á distinción de campus de excelencia internacional.
luns, 13 set 2010
O alcalde de Vigo informou hoxe luns que o vindeiro mércores, 22 de setembro, o Concello de Vigo sumarase un ano máis ao Día sen Coche coa gratuidade de nove liñas do bus urbano: serán as rutas C6, 14, 17, 18, 20, 21, 25, 28 e 29, priorizando por tanto o emprego do transporte colectivo nas parroquias da cidade.