O Boletín Oficial da Provincia fai efectivo o novo regulamento orgánico do Pleno da Corporación
O BOP recolle, na súa edición de este venres, a aprobación definitiva do novo regulamento orgánico do Pleno da Corporación de Vigo, o que significa que está en vigor e será aplicado na vindeira sesión plenaria a celebrar o 27 de setembro. O novo texto suple ao anterior, que databa de 1988, e "eleva o rango político do Pleno", en verbas do concelleiro de Xestión Municipal, Carlos López Font.
Nunha comparecencia anterior, o concelleiro de Xestión Municipal explicara que o proceso para acadar un consenso foi "longo no tempo" pero que finalmente Vigo conta cunha nova normativa que "eleva o rango político do pleno". O texto foi aprobado o 31 de maio e o BOP publicou a súa aprobación inicial o 31 de xuño. Unha vez rematado o periodo de alegacións, e ao non ter rexistrada ningunha, a súa entrada en vigor faise efectiva hoxe venre tras a publicación da aprobación definitiva no boletín provincial.
Font informou que se regula definitivamente "a forma de intervención, o número de mocións así como os tempos". Deste xeito poderán presentarse sete mocións como máximo que irán en función do número de concelleiros de cada formación política. "Serán sete en cada sesión e darán cobertura para que os asuntos importantes da cidade poidan ser tratados", asegurou o edil socialista.
Os tempos establecen que haberá unha intervención inicial de 5 minutos para cada grupo á que seguirá unha segunda de 3 minutos, só para o propoñente. O regulamento tamén estipula a posibilidad dunha intervención final dun minuto, no caso de alusións.
Debate político
Entre os mecanismos para fomentar o debate político e a transparencia o regulamento contempla o Debate anual do Estado da Cidade, que se celebrará no primeiro semestre do ano salvo en anos electorais. Tamén inclúe a comparecencia de todos ou cada un dos membros do equipo de goberno, que poderán comparecer a petición propia ou a petición dun grupo político. Outro dos aspectos novidosos é a creación dun rexistro xeral do pleno "polo que se otorga ao pleno o rango similar ao dun Parlamento".
Descargar todas as imaxes