Escoitar

Peches ao tráfico en distintas rúas da cidade

venres, 17 set 2010
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da carreira dos AUTOS LOCOS, a realizar pola empresa RED BULL, estarán pechadas ao tráfico as rúas e treitos seguintes:
-dende o sábado 18 de setembro ás 08:00 horas Hernán Cortés, entre Urzaiz e Maria Berdiales
-dende o sábado 18 de setembro ás 16:00 horas Gran Vía ascendente entre Urzáiz e Venezuela
-dende o domingo 19 de setembro ás 06:00 horas Venezuela entre Simón Bolívar e Gran Vía. Urzáiz entre Colón e Gran Vía (excepto acceso Parquing de Urzáiz). Colón entre García Barbón e Urzáiz.
Manterase o servizo de VITRASA na zona até ás 23:30 horas do sábado. As rúas transversales veranse afectadas e, os residentes, serviranse polos accesos posibles.


Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanización, a realizar pola empresa CONSTRUCCIONES CRESPO, estará pechada ao tráfico a rúa SANTA CRISTINA, treito entre Rivera Atienza e Trav Santa Cristina, con acceso exclusivo para garaxes, dende o martes 21 de setembro de 2010 ás 10:00 horas e por un período aproximado de dous meses.

Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas: Ramón Nieto, Ernesto Lecuona, Bxada ao Capitán e Curros. Mentres duren as obras establécese dobre sentido, para residentes, na rúa Santa Cristina, treito entre Curros e Trav Santa Cristina.


Ponse en coñecemento do público en xeral que coa finalidade de mellorar a mobilidade na zona e co consenso dos veciños, establécese sentido único na rúa CASAL DE ABAIXO, treito entre as rúas Casal de Arriba e Cabalaria, con entrada pola rúa Casal de Arriba e saída pola rúa Cabalaria, dende o martes 21 de setembro de 2010 ás 10:00 horas. Prégase a máxima atención á sinalización,


Solicítase a máxima colaboración cidadá.