xoves, 30 set 2010
Abel Caballero avanzou hoxe xoves a programación municipal para a conmemoración do Bicentenario da cidade, que caracterízase pola súa "austeridade e sobriedade". As actividades inclúen exposicións, concertos, xornadas de debate, teatro, libros, un certame poético, un selo de Correos conmemorativo, sorteos da ONCE e da Lotería Nacional especiais do Bicentenario e a inauguración o 27 de outubro da Praza do Bicentenario, coa escultura de acero de Silverio Rivas.
martes, 28 set 2010
Abel Caballero valorou hoxe martes a "magnifica nova" da inclusión nos orzamentos do Estado de 2011 dunha partida de 70 millóns de euros para a ampliación da ponte de Rande, que atópase en risco de colapso sobre todo no verán. O alcalde defende esta opción como a máis rápida para aliviar a circulación nos accesos á urbe e alerta do "gravísimo dano á economía de Vigo" que produciría unha maior densidade de vehículos.
venres, 24 set 2010
O alcalde de Vigo, acompañado polos concelleiros de Deportes, Participación Cidadá e Servizos Xerais, participou na tarde do pasado mércores do acto de presentación do Rápido de Bouzas da vixente tempada, con xogadores de todas as categorías, staff técnico e familiares dos futbolistas.
venres, 24 set 2010
O alcalde visitou hoxe venres os traballos de construcción da rotonda que albergará a escultura conmemorativa do Bicentenario, no cruce entre Marqués de Alcedo, Venezuela e Camelias, e indicou que esta terá como base unha fonte que conxugará auga, pedra e pizarra. Na dotación, que xa "funciona moi ben" co balizamento provisional, o Concello investirá 100.000 euros incluíndo a ornamentación.
xoves, 23 set 2010
Abel Caballero ofreceu hoxe xoves a súa "cooperación" ao Porto de Vigo para acometer melloras en Bouzas e apostou por ampliar a proposta portuaria coa construcción dun túnel que permita gañar a superficie para os veciños e conectar este co aparcadoiro soterrado que proxecta o Concello á altura da pérgola da vila. O alcalde asegurou que o mercado dos domingos -ubicado onde o Porto actuará- non volverá á Alameda Suárez Llanos e buscarase unha nova ubicación.
mércores, 22 set 2010
O alcalde de Vigo reclamou este mércores á Xunta de Galicia e ao Comité de Rutas o establecemento de voos que unan Vigo con Bruxelas, Londres e un aeroporto en centro Europa -como Amsterdam, por exemplo- con liñas ao resto do mundo. Caballero buscará o respaldo da Confederación de Empresarios de Pontevedra e da Cámara de Comercio de Vigo para que a Xunta de Galicia "apoie económicamente" estas conexións e poder así "facer fronte" a Oporto.
martes, 21 set 2010
O alcalde, Abel Caballero, reuníuse este martes co Comité Organizador do Salón do Automóbil de Vigo, que en 2011 celebra o seu vixésimo aniversario, e garantíu a cooperación do Concello para publicitar a feira en España e no norte de Portugal. O obxectivo pasa por darlle "dimensión nacional" ao evento, apuntou Caballero.
martes, 21 set 2010
O alcalde, Abel Caballero, remitíu unha carta ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóó, reclamándolle que os orzamentos de 2011 inclúan para Vigo a reforma dos viais de titularidade autonómica, melloras en sanidade e en educación -como un colexio en Navia- e un plan de emprego para a cidade olívica para a formación de 500 desempregados. Estas demandas súmanse á promoción do aeroporto vigués xa solicitado en comunicacións anteriores.
luns, 20 set 2010
Abel Caballero inaugurou este luns formalmente o paseo da Avenida de Europa ata Samil, onde construíse unha beirarrúa con áreas de descanso, arborado, alumeado e bancos cun investimento de 500.000 euros. Esta obra foi realizada por 30 traballadores do programa de emprego municipal Vigo Ornamental, como parte da súa formación laboral, e o alcalde indicou que o firme é como o da Praza do Comercio de Lisboa.
luns, 20 set 2010
O alcalde de Vigo agradeceu este luns a "cooperación" dos veciños e veciñas da cidade, que ceden gratuitamente parte dos seus terreos para que o Concello poida construir beirarrúas. Caballero estimou en 2.000 metros cadrados os espazos permutados, un dos cales fixo posible a construcción de beirarrúas na baixada a Saiáns, proxecto modificado este luns na Xunta de Goberno Local.