Escoitar

O alcalde reclama a Feijóo que inclúa nos orzamentos de 2011 partidas para plans de emprego e infraestruturas de Vigo

O alcalde, Abel Caballero, remitíu unha carta ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóó, reclamándolle que os orzamentos de 2011 inclúan para Vigo a reforma dos viais de titularidade autonómica, melloras en sanidade e en educación -como un colexio en Navia- e un plan de emprego para a cidade olívica para a formación de 500 desempregados. Estas demandas súmanse á promoción do aeroporto vigués xa solicitado en comunicacións anteriores.

martes, 21 set 2010
1285071933IMG_0170.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamoulle hoxe martes ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que os orzamentos autonómicos de 2011 inclúan melloras educativas e sanitarias, ademáis de infraestruturas e plans de emprego específicos para Vigo.

O rexedor local transmitíu estas demandas vía carta ao titular autonómico coas necesidades de Vigo para 2011, ademais da xa solicitada promoción do aeroporto de Vigo para poder competir co aeródromo portugués de Oporto.

Na misiva, o alcalde pide que os orzamentos de Galicia de 2011 inclúan partidas para os centros de saúde de Navia -xa en obras- e de Bouzas, que aínda non comezou e o Concello xa ten cedido o sólo preciso. Caballero insta ademais a Feijóo á "reforma urxente" dos colexios Pombal, Vicente Risco, San Roque, Altamar e Celso Emilio Ferreiro, así como a construcción de novos no barrio do Rocío, Hernán Cortés e Navia.

En educación, Abel Caballero recorda tamén o compromiso autonómico de mellorar os comedores escolares do Illas Cíes, Pintor Laxeiro, Monte da Guía, Frián-Teis, Balaídos e Celso Emilio Ferreiro.

En canto a rúas, o alcalde requeríu do goberno autonómico a "mellora e humanización" dos viais da súa competencia, como son a Avenida de Galicia, Arquitecto Gómez Ramón, Canido, Ricardo Mella, Estrada de Valladares, Estrada de Zamáns, a Estrada de Camposancos e a Avenida Ramón Nieto. Caballero recordou que o Concello xa está a proceder coas humanizacións desta e dun tramo da Avenida de Galicia pese a non ser de titularidade municipal.

O primeiro edil avogou tamén porque a Xunta de Galicia elabore os proxectos dos túneis de Julián Estévez e Beiramar, e dispoña por outra banda de 7,5 millóns de euros para un plan de emprego en Vigo que asista a uns 500 desempregados.

Sobre o emprego, Caballero explicou que o cálculo procede da proporción existente entre poboación e parados de Galicia e de Vigo, o que arroxa o cómputo de 7,5 millóns de euros para a formación duns 500 desempregados.
Descargar todas as imaxes