mércores, 22 setembro 2010

Caballero buscará apoio empresarial á súa demanda á Xunta de Galicia de vóos a Bruxelas, Londres e a centro Europa

O alcalde de Vigo reclamou este mércores á Xunta de Galicia e ao Comité de Rutas o establecemento de voos que unan Vigo con Bruxelas, Londres e un aeroporto en centro Europa -como Amsterdam, por exemplo- con liñas ao resto do mundo. Caballero buscará o respaldo da Confederación de Empresarios de Pontevedra e da Cámara de Comercio de Vigo para que a Xunta de Galicia "apoie económicamente" estas conexións e poder así "facer fronte" a Oporto.

María Méndez presenta o plan das migracións con 19 medidas para lograr a integración real da inmigración

mércores, 22 set 2010

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentou hoxe o primeiro Plan das Migracións e Convivencia Intercultural de Vigo, que ten como obxectivo acadar a integración real das persoas inmigrantes. O plan define 19 medidas de actuación, a desenvolver ata o ano 2013, para favorecer a interculturalidade e a convivencia e facer de Vigo unha cidade de acollida e integración dunha poboación inmigrante que representa o 6% do censo.