martes, 21 setembro 2010

O alcalde reclama a Feijóo que inclúa nos orzamentos de 2011 partidas para plans de emprego e infraestruturas de Vigo

O alcalde, Abel Caballero, remitíu unha carta ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóó, reclamándolle que os orzamentos de 2011 inclúan para Vigo a reforma dos viais de titularidade autonómica, melloras en sanidade e en educación -como un colexio en Navia- e un plan de emprego para a cidade olívica para a formación de 500 desempregados. Estas demandas súmanse á promoción do aeroporto vigués xa solicitado en comunicacións anteriores.

Caballero presenta con Luis Espada un estudo do Valedor sobre aparcadoiros disuasorios na cidade

martes, 21 set 2010

O alcalde, Abel Caballero, e o Valedor do Cidadán, Luis Espada, presentaron este martes unha publicación dirixida polo profesor sobre aparcadoiros disuasorios na cidade. Sobre unha base dunhas 1.000 enquisas, o traballo reflicte o apoio cidadá á instalación destes en Vigo sempre e cando sexa gratuito e vixilado, e conte cunha alta frecuencia de autocares.

O tenente de alcalde anuncia que o Convention Bureau sumará aos tres congresos xa pechados tres máis en 2011

martes, 21 set 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou hoxe aos socios do Vigo Convention Bureau (VCB) que a fundación ten xa pechados a celebración de dous novos congresos que se celebrarán no mes de marzo e están moi avanzadas as negociacións para conseguir outro que se celebraría no mes de outubro. Estes tres eventos súmanse aos tres xa anunciados e a xuízo do tenente de alcalde poñen de manifesto o bo traballo que se está a desenvolver desde este organismo a prol da desestacionalización do turismo.

As actividades terán lugar na praia viguesa de A Punta, en Teis

Chus Lago presenta "Coñecendo a nosa ría", un novo programa gratuíto de educación ambiental para 200 nenos

martes, 21 set 2010

O vindeiro 26 de setembro e o 3 de outubro, a Concellería de Medio Ambiente organiza un grupo de actividades para un máximo de 100 participantes por día, entre os 8 e os 17 anos, nas que aprenderán as nocións básicas de navegación en vela lixeira e kaiak, as principais características da ría e finalmente poderán levar a cabo unha solta das especies máis significativas a cargo de oceanógrafos e biólogos.