Escoitar

Peche ao tráfico da rúa Espedrigada

luns, 20 set 2010
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, a realizar pola empresa GAS GALICIA, estará pechada ao tráfico a rúa ESPEDRIGADA, treito entre os números 67-69 e 73-85, con acceso exclusivo para garaxes, dende o martes 21 de setembro de 2010 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.