Escoitar

O Concello recoñece o traballo de dous investigadores vigueses con publicacións internacionais "de altísimo impacto"

O alcalde, Abel Caballero, fixo entrega este luns dun agasallo institucional a Aida Fernández e Antonio Padín, investigadores do CSIC, en recoñecemento polo "índice de impacto de calidade máis elevado do mundo" que recibíu o seu estudo sobre a afección dos condicionantes ambientais na cantidade e calidade do marisco da Ría de Vigo. A súa investigación foi editada en prestixiosas publicacións internacionais.

luns, 20 set 2010
1284987349investigadores.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, entregou este luns a Aida Fernández e Antonio Padín, do Centro Superior de Investigacións Científicas, un regalo institucional como recoñecemento polo seu estudio "de altísimo impacto" nas publicacións científicas internacionais.

Caballero aseverou que Vigo conta con investigadores de relevancia e índices de impacto moi elevados a nivel internacional, e o Concello que recoñecelos para "por en valor a capacidade investigadora no ámbito científico de Vigo".

Os autores do estudo sumaron "o índice de impacto de calidade máis elevado do mundo", explicou o alcalde, cunha investigación sobre a afección dos ventos nas correntes da Ría de Vigo e destas na calidade e cantidade de marisco.
Descargar todas as imaxes