Escoitar

Caballero buscará apoio empresarial á súa demanda á Xunta de Galicia de vóos a Bruxelas, Londres e a centro Europa

O alcalde de Vigo reclamou este mércores á Xunta de Galicia e ao Comité de Rutas o establecemento de voos que unan Vigo con Bruxelas, Londres e un aeroporto en centro Europa -como Amsterdam, por exemplo- con liñas ao resto do mundo. Caballero buscará o respaldo da Confederación de Empresarios de Pontevedra e da Cámara de Comercio de Vigo para que a Xunta de Galicia "apoie económicamente" estas conexións e poder así "facer fronte" a Oporto.

mércores, 22 set 2010
1285159249cep.JPG
Caballero cos presidentes da Cámara e da CEP nunha reunión anterior
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe mércores que buscará o respaldo da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) e da Cámara de Comercio de Vigo para solicitar á Xunta de Galicia e ao Comité de Rutas voos desde Peinador ata Bruxelas, Londres e un aeroporto en centro Europa con conexións mundiais, como o de Amsterdam.

Caballero, en declaracións aos medios de comunicación, explicou que as obras de ampliación do aeroporto vigués -un novo aparcamento e unha nova terminal que suman uns 100 millóns de euros- deben ir acompañadas da potenciación das rutas internacionais para poder competir con Oporto, competencia da Xunta de Galicia. Xunto ás conexións con centro Europa, Bruxelas e Londres, o alcalde reclamou unha frecuencia diaria máis con París.

Coa implicación empresarial, que a Cámara xa manifestou nunha reunión anterior do Comité de Rutas, segundo apuntou, o alcalde procura "que as entidades económicas e sociais de Vigo apoien a demanda" de rutas internacionais para Peinador. Caballero pide que "apoien económicamente" estas conexións e asegurou que "chéganos con que lle dedique soamente a metade do que lle dedicaron ao Xacobeo" para atender ao "núcleo da economía de Galicia, que é Vigo".
Descargar todas as imaxes