Escoitar

Caballero di que a escultura do Bicentenario irá asentada sobre unha fonte que mezcla auga, pedra e pizarra

O alcalde visitou hoxe venres os traballos de construcción da rotonda que albergará a escultura conmemorativa do Bicentenario, no cruce entre Marqués de Alcedo, Venezuela e Camelias, e indicou que esta terá como base unha fonte que conxugará auga, pedra e pizarra. Na dotación, que xa "funciona moi ben" co balizamento provisional, o Concello investirá 100.000 euros incluíndo a ornamentación.

venres, 24 set 2010
1285332159rotonda.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou este venres que a escultura conmemorativa do Bicentenario da cidade estará asentada sobre unha fonte que mezcla auga, pedra e pizarra.

Así o salientou Caballero nunha visita ás obras de construcción da rotonda definitiva, que xa "funciona moi ben" de xeito provisional salvando o cruce de Marqués de Alcedo, Venezuela e Camelias. O goberno local aprobou hoxe incluir unha partida de 100.000 euros nesta dotación, 42.000 euros pola rotonda e 58.000 euros pola ornamentación conmemorativa do Bicentenario da cidade.

A nova rotonda permite solventar, segundo apuntou o alcalde, o "moi difícil" problema de tráfico que xeraba a confluencia das distintas rúas, evitando as frecuentes retencións de vehículos na zona. A obra permitirá conmemorar e efémeride vigués cunha escultura que conta ademais cun "factor de utilidade" como é a rotonda.
Descargar todas as imaxes