O Concello inviste 850.000 euros en alquiler de maquinaria para dar un servizo "mellor, máis rápido e máis eficaz"
O alcalde, Abel Caballero, informou hoxe venres da adxudicación por parte da Xunta de Goberno Local do aluguer de maquinaria para o servizo de Vías e Obras do Concello, 850.000 euros para bombas de drenaxe, mangueiras, carretillas, hidrolimpadoras... que permitirá "potenciar e mellorar" as actuacións do Concello nos viais da cidade, sinalou Caballero.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe venres da decisión do goberno municipal de alugar maquinara por valor de 850.000 euros para dar un "mellor, máis rápido e máis eficaz" servizo nas rúas da cidade a través do departamento de Vías e Obras.
Tras a validación da adxudicación na Xunta de Goberno Local, a Concellería que dirixe a socialista Isaura Abelairas sumará ao seu equipamento dez bombas para drenaxe, mangueiras, unha máquina para pulir formigón, catro carretillas elevadoras, dous hidrolimpadoras, unha desbrozadora, máquinas para cortas e semáforos de obra, entre outras.
O obxectivo desta decisión municipal é "potenciar e tratar de mellorar" a actuación deste departamento para dar unha atención aos viais e beirarrúas da cidade "mellor, máis rápida e máis eficaz", concluíu Abel Caballero.
Outros acordos
A Xunta de Goberno Local celebrada este venres en sesión ordinaria adoptou a decisión de humanizar o tramo de beirarrúa que une a Avenida de Fragoso coa rúa Eugenio Kraff, xa reformada polo Concello.
Segundo explicou Caballero, esta actuación foi demandada pola propia veciñanza de Balaídos tras quedar este tramo en terra de ninguén ao non formar parte de ningunha das rúas da zona. O Concello decidíu arranxalo porque o seu estado "desmerecía" en comparación coas restantes humanizacións levadas a cabo no barrio.