Escoitar

Abel Caballero asegura que a humanización do acceso ao cemiterio de Pereiró estará lista antes do 1 de novembro

O alcalde visitou este xoves os traballos de acondicionamento e humanización dos xardóns de Pereiró e do acceso ao cemiterio, no que o Concello inviste 300.000 euros. Para o chamado día de difuntos a reforma estará rematada, apuntou Caballero, quen anunciou a execución para esa data dun plan de limpeza e acondicionamento de todos os cemiterios municipais.

xoves, 23 set 2010
1285246189pereiro.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este xoves que os traballos de reforma dos xardíns e do acceso ao cemiterio de Pereiró estarán finalizados antes do Día de Todos os Santos, o 1 de novembro.

Nunha visita ás obras, Caballero explicou que o Concello inviste nesta mellora 300.000 euros procedentes do fondo estatal para o acondicionamento das zonas axardinadas, novas beirarrúas de granito e a reordenación do acceso.

A entrada ao cemiterio de Pereiró contará cun semicírculo de granito, a rexeneración dos xardóns e a mellora da zona de venta de flores. Abel Caballero avanzou que o Concello prepara un plan de limpeza e acondicionamento de todos os cemiterios municipais, listo igualmente para antes do 1 de novembro.

Medicina
Ante os medios de comunicación, o alcalde amosou a súa "decepción" coa Xunta de Galicia porque os estudos teóricos do segundo ciclo da carreira de Medicina non poidan impartirse en Vigo no actual curso escolar, e sexa preciso agardar ao vindeiro.

Caballero afirmou que esta "non é unha boa decisión" xa que a Universidade de Vigo tiña a vontade e estaba en disposición de acoller a teórica este mesmo ano, pero o goberno de Galicia "non estivo atento" e "permitíu o retraso que está a promover e potenciar Santiago", o que causará que os estudantes de Vigo que cursan a práctica en Vigo teñan que seguir desprazándose a Compostela para cursar a teoría.
Descargar todas as imaxes