O alcalde anuncia que o luns se inicia a nova terminal de Peinador, coa presenza do ministro de Fomento
Abel Caballero avanzou hoxe que o próximo luns visitará Vigo o ministro de Fomento, José Blanco, por mor do acto de colocación da primeira pedra da nova terminal do aeroporto vigués. O alcalde agradeceu que o Ministerio non retrase "nin un dia" o inicio desta obra, tendo en conta que continúan os traballos de construcción do novo aparcadoiro, de 2.600 prazas, xa que "Vigo precisa dun gran aeroporto".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a visita do ministro de Fomento, José Blanco, o próximo luns, no acto de colocación da primeira pedra da nova terminal do aeroporto de Vigo.
En rolda de prensa, Caballero eloxiou que o Ministerio tomara a decisión de non retrasar "nin un día" o inicio dos traballos da nova terminal de Peinador, tendo en conta que Fomento está a realizar unha obra "monumental no aeroporto" como é a construcción do gran aparcamento de 2.600 prazas. "Queremos que todas as obras se fagan comezando e acabando o antes posible", aseverou o alcalde.
O rexedor olívico recoñeceu a "vontade" de Blanco de levar adiante os proxectos da súa carteira para Vigo, e enfatizou que "todas as demandas" da urbe en materia de infraestruturas están xa incluidas nos orzamentos do Estado e transcorren "no seu estado máximo de desenvolvemento".
Particularmente, Abel Caballero defendeu a importancia "capital" da proxectada ampliación da ponte de Rande, que o Ministerio prevé iniciar en abril de 2011, pois "diso depende o noso futuro", asegurou.