María Méndez anima a participar na Marcha Solidaria contra a fame e a pobreza que o domingo sairá da Praza do Rei
A Concellería de Benestar Social súmase á convocatoria do colectivo Iniciativa Solidaria polo 0,77%, que os días 9, 10 e 11 de outubro realizará tres Marchas Solidarias para erradicar a fame e a pobreza no mundo percorrendo distintas vilas galegas. A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anima á cidadanía a participar na convocatoria viguesa, que sairá o domingo ás 8 horas da Praza do Rei.
O día 9 terá lugar a 44 Marcha Solidaria, que realizará o percorrido entre Pontevedra e Redondela. O día 10, a 45 Marcha sairá ás 8 horas dende o concello e ten prevista a súa chegada ás 12 horas a Nigrán e o remate ás 14.15 horas en Baiona. O día 11, a 46 Marcha sairá dende O Pino e finalizará no concello compostelán.
Para as persoas que o precisen, un autobús acompañará a Marcha durante todo o percorrido, e co se pode contactar no teléfono 609 449 834 ou na web www.iniciativa.077.es.
Iniciativa Solidaria polo 0,77% é un movemento que iniciou seu camiño en decembro de 2005, con motivo da conmemoración do Día dos Dereitos Humanos. Está integrado por persoas de distintas sensibilidades, profesións, culturas e países que comparten o compromiso de axudar a rematar coa lacra da fame no mundo.