O alcalde anuncia humanizacións por valor de 7,2 millóns en rúas como Couto San Honorato, Ramón Nieto e Aragón
A Xunta de Goberno Local celebrada este mércores deu o seu visto bo aos pregos para licitar obras de humanización en Vázquez Varela, Oporto, Cangas, Mestre Montes, Couto San Honorato, Martínez Garrido, Aragón, Asturias, Salvaterra e Ramón Nieto, por un importe superior aos 7 millóns. Caballero informou que os traballos, a iniciar a comezos de xaneiro, alongaranse entre 3 e 4 meses e defendeu a "urxencia" de reformar "viais urbanos de máxima importancia na cidade de Vigo".