Caballero constata co director do Festival Aéreo que o de Vigo foi este ano "o máis importante de España"
O alcalde, Abel Caballero, reuníuse este martes co responsable do Festival Aéreo Internacional de Vigo, Pablo González, para valorar o resultado do Festival Aéreo do pasado xullo, a edición con maior número de espectadores e que en 2010 superou a Barcelona. Cara ao 2011, a "vontade" municipal é continuar sendo "referencial" en España, para o que o alcalde iniciará hoxe as xestións co Embaixador de Canadá.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou este martes que o Festival Aéreo Internacional de Vigo -que tradicionalmente celébrase o terceiro domingo de xullo- foi este ano "o máis importante de España", superando ao de Barcelona.
Tras unha reunión co director do evento, Pablo González, o rexedor valorou como "un gran éxito" a edición deste ano, que superou as anteriores cifras de número de espectadores e autocares que se achegaron a presenciar o Festival.
"O de Vigo foi o máis importante de España", explicou Abel Caballero, valoración feita pública unha vez rematou a tempada de festivais aéreos nacionais. Para 2011, a "vontade" do Concello é continuar a ser "referencial" no Estado.
O alcalde avanzou que hoxe martes verase co Embaixador de Canadá e tratará de facer as primeiras xestións para que a próxima edición do Festival Aéreo Internacional de Vigo conte cun maior número de presenzas.
Descargar todas as imaxes