Vigo acolleu o pasado sábado a presentación do iOn e o C-Zero, coches eléctricos de PSA
O alcalde, Abel Caballero, e o tenente de alcalde, Santi Domínguez, entre outros integrantes do goberno local, asistiron o pasado sábado á presentación na planta de Vigo de PSA Peugeot Citroën dos modelos eléctricos do grupo, o Peugeot iOn e o Citroën C-Zero, xa á venda. A posta de largo, á que acudiron representantes de varias administracións públicas, producíuse poucos días despois de que o grupo automobilístico confirmara que a factoría de Balaídos comezará a producir a finais de 2012 dous vehículos comerciais eléctricos.
Cargos do Porto, da Zona Franca, do Concello de Vigo, da Deputación de Pontevedra, da Xunta de Galicia e do Goberno de España asistiron o pasado sábado á presentación oficial dos dous vehículos eléctricos da compañía, ambos froito da alianza selada entre PSA e Mitsubishi.
O acto tivo lugar poucas xornadas despois de que o grupo francés confirmara oficialmente que Vigo fabricará dous modelos comerciais eléctricos desde finais de 2012 e mentres a cidade olívica está á espera de que Mitsubishi -socio comercial de PSA- defina a ubicación da súa planta de baterías de litio, ben no porto seco de Salvaterra-As Neves ben nunha localidade austriaca.
Descargar todas as imaxes