O alcalde pide que a Xunta de Galicia programe axudas plurianuais para consolidar voos a Bruxelas, Londres e Frankfurt
Abel Caballero transmitiullo este venres ao director da Comisión Técnica do Comité de Rutas de Galicia, Jacinto Parga, que o presentará na próxima reunión. O Concello entende que potenciar Vigo é o único xeito de que Galicia compita con Oporto, polo que é "central" reforzar as conexións nacionais -principalmente as de Madrid e Barcelona-, impulsar as rutas con Londres e Bruxelas e abrir un voo con Frankfurt.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, transmitiu hoxe venres ao director da Comisión Técnica do Comité de Rutas de Galicia, Jacinto Parga, a proposta viguesa para potenciar o aeroporto vigués e así frenar a competencia que ten Galicia en Oporto.
O alcalde avogou por reforzar as "rutas centrais" de Madrid, Barcelona, París e Bruxelas, xunto aos restantes destinos nacionais, como Valencia, Bilbao e as illas; ao tempo que demanda internacionalmente voos con Londres e cun aeroporto de centro europa como Frankfurt, aínda que tamén podería ser Munich ou Amsterdam.
Caballero asegurou que potenciar desde Vigo as rutas estatais a as conexións con Londres, Bruxelas e Frankfurt é "imprescindible" para que Galicia poida competir con Oporto, e solicitou á Xunta de Galicia a elaboración dun "programa de investimentos plurianual" que permita implantar e consolidar os tres destinos internacionais.
O rexedor vigués presentou esta proposta hoxe ao director da Comisión de cara ao seu traslado ao Comité de Rutas, e Caballero anunciou asemade que o próximo Pleno da Corporación debatirá igualmente esta cuestión.
Descargar todas as imaxes