xoves, 30 set 2010
A confirmación de que PSA Peugeot Citroën fabricará coches eléctricos en Balaídos -en colaboración con Mitsubishi- supón para o alcalde "anclar o futuro do automóbil en Vigo", tanto no coche tradicional como no eléctrico. Xunto a esta nova, o "complemento imprescindible" para a cidade sería a factoría de baterías que Mitsubishi estuda ubicar no Porto Seco. Caballero foi prudente pero aseverou que nesta decisión "case todo apunta a Vigo".
xoves, 30 set 2010
O tenente de alcalde e concelleiro de Cascos Históricos, Santi Domínguez, destacou este xoves que a reforma da rúa Cruceiro Vello de Bouzas, que supuxo un investimento de 205.000 euros, "mantén a liña de preservación do patrimonio e dos nosos tesouros". Santi Domínguez explicou que a remodelación incluíu o cambio do pavimento, abastecemento e saneamento, separación de augas e alumeado, así como a rehabilitación do cruceiro, que data do ano 1800.
xoves, 30 set 2010
O concelleiro de Mobilidade avanzou hoxe xoves esta medida na presentación das I Xornadas sobre Sistemas Intelixentes de Transporte en Galicia, a celebrar mañá en Vigo. Ademais de taxis e buses, o que chamarase carril verde poderá empregarse por coches con máis dun ocupante e tamén por vehículos eléctricos, híbridos e pouco contaminantes, que están exentos de taxas municipais. Esta alternativa entrará en vigor este ano, será experimental e estudarase a súa aplicación noutros puntos da cidade.
xoves, 30 set 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, anunciou hoxe que o vindeiro luns, 4 de outubro, comezará unha nova edición do programa "Corre con Vigo", que se desenvolverá no parque de Castrelos, na explanada fronte o auditorio. O edil nacionalista salientou que con esta iniciativa, a Concellería de Deportes quere cumprir o obxectivo de "potenciar o deporte entendido como saúde".
xoves, 30 set 2010
A parroquia viguesa acapara máis de dous millóns de euros de investimentos nestes tres últimos anos de goberno municipal. O parque que se inaugura na tarde deste xoves únese a outros sete que poñen de manifesto a aposta do Concello vigués polas parroquias de Vigo e pola calidade de vida dos seus habitantes. Saneamento, limpeza ou mantemento son outras das partidas importantes deste investimento.