Escoitar

Uns 100 nenos vigueses participaron no programa "Coñecendo a nosa ría" de Medioambiente, que reeditarase o próximo domingo

A concellería de Medioambiente que dirixe Chus Lago programou para o pasado e o próximo domingo unha serie de actividades para que os nenos e nenas de entre 8 e 17 anos coñezan a riqueza da Ría de Vigo e fomentar a actividade saudable en medios de desprazamento que non contaminen o entorno. Os participantes aprenderon as nocións básica de vela lixeira e kaiac e levaron a cabo unha solta das especies máis significativas da ría a cargo de oceanógrafos e biólogos.

martes, 28 set 2010
1285677743peces.jpg
A Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo que dirixe a Concelleira Chus Lago, iniciou o pasado domingo o programa gratuito dirixido ós máis pequenos "Coñecendo a nosa ría" que rematará o vindeiro domingo, 3 de outubro.

Nesta nova actividade participaron máis de 100 nenos de idades comprendidas entre os 8 e os 17 anos, co obxectivo dar a coñecer á poboación infantil a riqueza natural da ría de Vigo e o fomento da práctica de actividade saudable en medios de desprazamento que non contaminen o entorno.

Deste xeito, os participantes aprenderon as nocións básica de vela lixeira e kaiac e levaron a cabo, asemade, unha solta das especies máis significativas da ría a cargo de oceanógrafos e biólogos.

As actividades comezaron a partires das 09,30 horas na Praia da Punta e remataron as 14,30 horas. O vindeiro domingo, un máximo de 100 nenos e nenas -previamente apuntados no teléfono 010- pecharán coa segunda e última xornada a iniciativa municipal "Coñecendo a nosa Ría", dentro da programación de Medioambiente "Vigo Camiño a Camiño e Máis".
Descargar todas as imaxes