O goberno aproba no Pleno a anulación de sancións da zona azul co pago de 5 e 7 euros
Os votos do goberno local aprobaron a modificación da ordenanza da Xestión do Estacionamento Regulado (XER), a chamada zona azul, para que os infratores sancionados por non ter tique ou por superar o máximo de dúas horas de estacionamento permitido poidan evitar a sanción de 30 e 45 euros con pagos de 5 e 7 euros, respectivamente, na primeira hora despois da sanción. "Queremos facilitar as cousas", asegurou o concelleiro de Mobilidade, Xulio Calviño.