Xabier Alonso anuncia que o 4 de outubro comeza unha nova edición de "Corre con Vigo", gratuíta e sen límite de idade
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, anunciou hoxe que o vindeiro luns, 4 de outubro, comezará unha nova edición do programa "Corre con Vigo", que se desenvolverá no parque de Castrelos, na explanada fronte o auditorio. O edil nacionalista salientou que con esta iniciativa, a Concellería de Deportes quere cumprir o obxectivo de "potenciar o deporte entendido como saúde".
O concelleiro de Deportes explicou que o programa, que é gratuíto e aberto a todas as persoas sen límite de idade, terá lugar os luns, mércores e xoves, de 19:30 a 21 horas. Destacou que será impartido pola monitora Marina Abruñedo, licenciada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, adestradora e "moi coñecida no mundo do atletismo vigués".
A actividade comezará con exercicios de iniciación e estiramentos, co obxectivo de "preparar o organismo para correr, independentemente da súa capacidade", sinalou o concelleiro de Deportes. As persoas participantes distribuiranse en grupos, en función dos distintos niveis e finalmente, a sesión rematará con exercicios de relaxación.
Xabier Alonso destacou que tras esta práctica deportiva haberá a posibilidade de ducharse nas propias instalacións do parque. "É un programa que paga a pena que a xente acuda a participar como deporte popular", apuntou o concelleiro. Dixo tamén que para as persoas que teñen máis nivel xa está aberto o prazo de inscrición no programa de Carreiras Populares.
A monitora do "Corre con Vigo" resaltou a importancia tanto de levar calzado axeitado como roupa de abrigo para facer os exercicios finais. Por outra banda fixo sinalou que este programa potencia a sociabilización das persoas participantes, ao estar programados exercicios por parellas e grupos.
Descargar todas as imaxes