Escoitar

Abel Caballero afirma nas I Xornadas sobre Transporte Intelixente que hai unha demanda cidadá crecente de calidade

O alcalde aludiu ao transporte como elemento central das economías modernas e puxo como exemplo a ponte de Rande, coma a gran infraestrutura viaria pero cun risco inminente de colapso que hai que resolver. "Hai que anticiparse as demandas da cidade; se non arrincamos a ampliación agora o sur de Galicia estará colapsado en 2012", afirmou

venres, 1 out 2010
1285935672jornada.JPG
O alcalde de Vigo inaugurou esta mañá no Centro Social Caixanova as "I Xornadas de Transporte Intelixente en Galicia", promovidas pola Alcaldía de Vigo e pola empresa ITS España (Intelligent Transport System), coa colaboración da DGT e da Dirección Xeral de Transporte do Ministerio de Transporte.

Na súa alocución o rexedor socialista referiuse ao transporte como o elemento central das economías modernas e o exemplifou na ponte de Rande, como "punto clave do transporte en toda España", pero co risco de colapsarse en dous anos. "Se non temos as infraestruturas preparadas as palabras sobran", subliñou o alcalde, quen destacou a urxencia de acometer a ampliación desta infraestrutura para evitar "que no ano 2012 o sur de Galicia se colapse"

Tamén asegurou Caballero a necesidade, por un lado, da boa planificación das cidades e das súas infraestruturas así como da vinculación dos sistemas intelixentes de transporte coa mobilidade cidadá e coa redución de gases de efecto invernadoiro. Outro dos aspectos salientados polo alcalde vigués foi o crecemento exponencial da calidade que se demanda neste senso. "Os cidadáns demandan calidade no transporte e a iso temos que responder".

Así apuntou que hai que estar preparados para esa demanda "que irá crecendo a medida que pase o tempo". "Eso é o que teñen que facer empresas como ITS, o que teñen que resolver, cómo o facemos con custos orzamentarios asumibles".
Descargar todas as imaxes