Escoitar

Chus Lago presentou a edición de outono do programa "Vigo Camiño a Camiño"

O vindeiro 10 de outubro comeza de novo a edición de outono do programa de educación ambiental "Vigo Camiño a Camiño e máis" da Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo. Este programa súmase ás actividades realizadas e que se están a levar a cabo para os nenos e nenas viguesas no marco do Ano Internacional da Biodiversidade -"Vigodiversidade" e "Coñecendo a nosa ría" principalmente-.

venres, 1 out 2010
1285935292chus.jpg
Nesta nova edición a Concellería que dirixe Chus Lago organiza 4 visitas ás Illas Cíes no mes de outubro e a Senda Panorámica de Vigo "GR 53" en 4 etapas no mes de novembro.
Como sempre, os vigueses e viguesas contarán coa supervisión e control dun equipo técnico formado por 40 profesionais: técnicos do departamento de Medio Ambiente, guías do Parque Nacional, biólogos/as, ocenógrafos"as, socorristas, voluntarios de Protección Civil, chóferes de VITRASA, fotógrafos, tripulacións dos barcos de pasaxe, e persoal de abituallamento.
Todos os participantes que desexen asistir ás actividades deberán formalizar a inscripción telefónicamente no servizo de atención ao cidadán 010, dende o luns anterior a cada xornada. O número de prazas máximas por día nas Illas Cíes é de 200 e de 400 en cada ruta da Senda Panorámica GR 53.

Visitas ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia: "Vigo nas Cíes"
Nas visitas que se levarán a cabo en outubro, os participantes coñecerán a biodiversidade característica das Illas Cíes na estación de outono, ademáis de facer algunha das súas rutas principais:

Datas: 10, 17, 24 e 31 de outubro.
Horarios:
Unha vez confirmada a praza, os participantes deberán estar na dársena da Laxe ás 09:30, con tempo suficiente para embarcar e sair cara ás Cíes ás 10:00. Tras realizar as actividades previstas e comer na illa, o barco sairá de novo do peirao de Rodas ás 18:30 horas, chegando a Vigo aproximadamente ás 19:15.
A Concellería recomenda a todos os participantes que leven roupa cómoda e adaptada á climatoloxía prevista para a xornada.
A actividade é totalmente gratuita e os visitantes tan só deberán levar comida e auga necesaria para a súa estancia na illa.

Rutas pola Senda Panorámica de Vigo
Por primeira vez os vigueses e viguesas percorrerán no programa de Camiño a Camiño a Senda completa do GR 53. Para iso organízanse 4 etapas nos respectivos domingos de novembro nos que os participantes comenzarán cada andaina no punto que remataron a anterior.
Datas: 7, 14, 21 e 28 de novembro.
Horarios:
Os participantes deberán estar na Praza do Rei ás 09:45 horas para subir aos autocares ás 10:00 ata a saída da ruta. Unha vez finalizada volverán ao mesmo punto de inicio entre as 14:30 e as 15:00 horas dependendo do tramo, a climatoloxía e o grupo.

Fotografías
Dende a primeira ruta, un fotógrafo acompaña aos participantes en cada percorrido, e obten instantaneas daquelas situacións máis destacables e dos detalles do entorno. Unha selección destas fotos colganse na páxina web do Concello tras finalizar cada ruta, e permite que todos os cidadáns poidan consultalas descargalas.

Recomendacións
-Os participantes que teñan algunha alerxia a productos ou especies que se poidan atopar no medio natural que visitarán, deben levar consigo a medicación axeitada.
-Cada participante debe levar roupa cómoda e axeitada para a actividade na que se isncriba e a climatoloxía prevista da xornada. É importante que preferentemente se leven botas e bastóns de camiñar pola seguridade que aportan nas sendas.
-Nas visitas ás Illas Cíes hai que levar unha bolsa para traer o lixo que cada un xenere, pois con criterios de educación ambiental a illa carece de papeleiras ou contenedores.
-Os visitantes das Illas Cíes deben levar a súa propia comida e bebida para toda a xornada.
-Todos os participantes deben respectar o medio que se visita, nos saindo das sendas programadas e velando pola conservación da flora e fauna que as conforman.
Descargar todas as imaxes