Escoitar

Vigo cederá "caudal suficiente" de auga a Baiona ante os seus problemas de abastecemento

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, garantiu este venres ao seu homólogo de Baiona "caudal suficiente" de auga para paliar os problemas de abastecemento da vila.

venres, 1 out 2010
1285939021agua.jpg
Segundo explicou Caballero, a capacidade do embalse de Baiona está actualmente en torno ao 8%, o que significa un auga de "escasa calidade que provocará tarde ou temprano problemas de salubridade". O estado dos de Vigo aseguran o servizo para a cidadanía viguesa "alo menos" durante seis meses, polo que "é posible" atender á demanda do alcalde de Baiona, explicou o rexedor.

Tras o análise pertinente con Aqualia, a xestora do ciclo de auga na urbe olívica, o alcalde vigués confirmou unha cesión de auga de 20 litros por segundo, "suficiente para as necesidades de abastecemento de Baiona".
Descargar todas as imaxes